Ruben rios
←Created page with 'Rubén Rodríguez Rodríguez (Rubén Riós) é un actor e produtor galego de cine e televisión. Naceu en Riós, un pequeno poblo do sudeste da provincia de Ou...'
New pageRubén Rodríguez Rodríguez (Rubén Riós) é un actor e produtor galego de cine e televisión.
Naceu en Riós, un pequeno poblo do sudeste da provincia de Ourense no 1980. Neste seu pobo, creceu e estudou ata a maioría de idade. Da súa aldea, Riós, toma o nome artístico e pasa a chamarse Rubén Riós.
No ano 2000 ingresa na Escola Municipal de Teatro de Vigo, onde realiza os seus estudos
en arte dramático durante tres anos. Ao finalizar a súa formación, comenza a súa carrera profesional
como actor en programas e shows televisivos da Televisión de Galicia e en series de
televisión de recoñecida fama nacional.
No 2004, surxe a súa gran oportunidade: entra a formar parte do reparto de Libro de Familia, como
Marcos e pasa a ser persoaxe protagonista, nuna serie que continúa emitindose en prime-time
tódolos domingos na Televisión de Galicia.
Interpreta persoaxes principais en múltiples cortometraxes e finalmente no 2007, da o salto a gran pantalla coa película Pradolongo de Ignacio Vilar e continúa traballando en diferentes proxectos de cine. Ese mismo ano estrea o Festival do Sétimo Arte, que dous anos despois co falecemento do profesional e querido amigo Abelardo Gabriel (Don Román
en Libro de Familia) pasa a chamarse Festival das Artes Escénicas de Riós Abelardo Gabriel,
o cal organiza e dirixe na su vila natal.
Sorprende a todos como director e productor de Adeus Edrada?, gañando o Premio Mestre
Mateo ao mellor cortometraxe galego, premio que tamén obtería co seu seguiente traballo como director
no 2009 coa obra Coser e cantar. Ademáis, da sua formación na Escola de Teatro, realiza varios cursos de formación:
• Maxia cómica con Pablo Muñoz
• Comedia da Arte (Escola Municipal do Teatro de Vigo)
• Curso de monólogos con Eva Hache e Javier Veiga
• Curso de voz e ortofonía con Marta Pinillos
• Curso de guión con Syd Field
• Curso de produción de cortometraxes con Borja Cobeaga e Nacho Vigalondo
• Curso de improvisación con Leo Bassi
No 2012, contou como protagonista principal no filme de Ignacio Vilar Vilamor, realizando o papel de Breixo, un seminarista ao que lle cambia a vida ao entrar nunha comuna hippie e se enamora.
Actualmente, encontrase desenrolando novos proxectos persoais como produtor ademáis
de encarnar a Marcos nunha das persoaxes protagonistas da serie Libro de Familia na TVG, ademáis de realizar galas, apoiar causas sociais e realizar proxectos como o proxecto no que colabora chamado Espello deportivo, un proxecto de dinamización lingüística para o deporte xunto a súa produtora Claqueta Coqueta.
'''Como actor realizou numerosos programas e series:
'''
'''PROGRAMAS'''
O REI DA COMEDIA (TVG). 2004
LUAR (TVG). 2004
SUPERMARTES (TVG). 2004
'''SERIES DE TELEVISIÓN'''
PRATOS COMBINADOS. 2005
PIRATAS (Telecinco) 2010. como Mercader.
LIBRO DE FAMILIA (TVG) como Marcos. 2004-actualidad
MATALOBOS (TVG) como Salva. 2009-2010
ESCOBA (TVG) como Álex. 2012
'''CORTOMETRAXES
'''
NOVE
DESPOIS DO SOL
ADEUS EDRADA?
MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO
COSER E CANTAR
CARNE CRUDA
'''SPOTS PUBLICITARIOS
'''
VIVE EN GALEGO (2010) para Microsoft. Claqueta Coqueta
'''DOCUMENTAL'''
O Camiño de Santiago: a orixe
Na terra das Casta ñas (Región)
'''TV-MOVIES
'''
A mariñeira de quilmas
O bosque de levas
'''CINE'''
PRADOLONGO (2008) de Vía Láctea Films, como Martiño (protagonista)
VILAMOR (2011) de Vía Láctea Films, como Breixo (protagonista)
'''Como produtor realizou diversos proxectos:
'''
'''CORTOMETRAJES'''
ADEUS EDRADA? (2007) de Claqueta Coqueta
COSER E CANTAR (2009) de Claqueta Coqueta
'''SPOTS PUBLICITARIOS
'''
VIVE EN GALEGO (2010) para Microsoft. Claqueta Coqueta
A pesar da súa corta idade, este gran actor xa ten unha longa traxectoria que quedará como parte da historia do audiovisual galego por tódolos papeis que realizou e produciu de forma maxistral, mostrando que o audiovisual galego ten moito futuro. Con actores coma Rubén, fórxase unha gran profesionalidade e calidade nas gravacións galegas que se realizaron e en tódas as que quedan por vir.
http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=Ruben_rios&diff=93457662&oldid=0